top of page
Foto do equipo de Nume Producións

Nume Producións 

Nume é a idea súbita e espontánea, brillante e oportuna; a inspiración.

Nume somos

Álvaro Carballo, Artur Puga e Patricia Seoane son os nomes propios detrás de Nume Producións, unha nova axencia galega adicada a distribución, produción, programación de eventos e cobertura legal para o desenvolvemento cultural da música e as artes escénicas.
 

Baseámonos nas aprendizaxes da sabedoría popular, para aportar comunidade, traballo e paixón, sempre cunha visión contemporánea, profesional e actualizada. Contamos con departamento de asesoramento fiscal, laboral, contable e xurídico especializados no sector artístico, co fin de sentar as bases dun proxecto firme para facermos cultura con calidade e corazón.

Foto de Artur Puga
Foto de Patricia Sánchez
Foto de Álvaro Carballo

A familia Nume

Carmela

Música de tradición oral

Carmela é un proxecto que basea o seu repertorio no canto de tradición oral, etendéndoo como un construto social vinculado á tradición e, por tanto, á contemporaneidade.

O resultado é un repertorio con fondas referencias á interpretación tradicional, empregando recursos que van dende a combinación tímbrica ou o emprego de instrumentos electrónicos, co obxectivo de acompañar de xeito coidado e respectuoso cada unha das melodías.

  • Youtube
WhatsApp Image 2024-02-22 at 15.40.35 (3).jpeg
public.avif

Vitória

Teatro - Iria Pinheiro

Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha obra de teatro autobiográfica que narra o proceso legal ao que foi sometida a actriz Iria Pinheiro cando presentou unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai de 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía propios do cabaré.

Escrita: Iria Pinheiro
Dirección: Vanesa Sotelo e Ricardo Correia
Elenco: Arantza Villar, Iria Pinheiro,  Salva Del Río
Iluminación e espazo escénico: Dani Abalo
Sonoridades: Mónica De Nut

Quintela

Música experimental

Este proxecto busca os límites sonoros da gaita a través da descontextualización do instrumento, moi influenciado pola perspectiva de xénero na busca dun produto sonoro que se afasta das tradicionais predominancias tanto acústicas como físicas da gaita galega..
Influenciada por autoras como Elianne Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone, os directos de Carme López presentan ambientes sonoros calmos que diseccionan o instrumento e xogan coas súas posibilidades.

  • Youtube
2.jpeg
Alfaia - ©Hans Pauwels.jpg

Alfaia

Músicas do mundo

O grupo Alfaia, liderado pola voz de Verónica Codesal e acompañado polo oud, a viola e o violoncello, fusiona tradicións musicais de Galicia e o Magreb, creando unha viaxe emocional chea de evasión, morriña e maxia. A súa música, rica en sensibilidade e lirismo, explora cantos tradicionais con toques clásicos e reinterpretacións innovadoras. Este encontro entre culturas ofrece unha experiencia sonora única e conmovedora, que conecta corazóns a través da harmonía e a beleza.

  • Youtube

Chavellos

"Segunda-feira sinfónico"

Música folk sincónica

Chavellos é un grupo de música folk que parte da tradición oral galega, así como doutras culturas, no que se mesturan sonoridades tradicionais e vangardistas.

Formado por músicos do país procedentes de diversos estilos, presentan un espectáculo fresco e dinámico cunha sonoridade inconfundiblemente atlántica.

"Segunda-feira sinfónico" é un espectáculo de 1h e 30 min. de duración, no que presentan os temas do seu segundo disco e unha selección de temas do primeiro traballo orquestrados para banda sinfónica.

  • Youtube
369511534_686506683505816_2882036325777206195_n.jpg
100 VOLTAS - 7_Studio Trad.jpg

100 Voltas

Música folk

100 Voltas é un proxecto musical que combina a voz expresiva de Verónica Codesal co acordeón de Didier Laloy, o violín de Damien Chierici e a percusión de Boris Tchango, fusionando cancións populares galegas con composicións orixinais. O repertorio inclúe textos poderosos escritos por poetas galegas contemporáneas como Yolanda Castaño e Lucía Aldao, así como letras persoais de Verónica que reflexionan sobre a súa vida como muller, nai e artista. Unha proposta fresca e dinámica que conecta tradición e modernidade.

  • Youtube

Anxo Lorenzo

Música folk galega

Anxo Lorenzo, destacado gaiteiro moañés, é recoñecido pola súa innovación, experimentación e virtuosismo. Levou a gaita galega a escenarios internacionais en máis de 200 concertos, celebrados principalmente nos países celtas do arco atlántico. Nos seus catro traballos discográficos, así como nas colaboracións con artistas internacionais, Anxo Lorenzo fusiona a música tradicional galega coa electrónica e máis con ritmos urbanos contemporáneos, ampliando o alcance da gaita a novos públicos. O seu proxecto actual combina a riqueza melódica galega coas novas tecnoloxías, creando un espectáculo visual e musical moi innovador e de proxección mundial.

  • Youtube
unnamed.jpg
unnamed.png

Pitiminí

Concerto para bebés

Concerto Para Bebés é un espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para ás súas familias. Unha viaxe musical con melodías e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor.

 

Un evento deseñado por Davide González e Iria Pinheiro.

Miguel Fraile

Músicas tradicionais

A través da figura do folclorista Agapito Marazuela, Miguel presenta un recital de guitarra entre o clásico, o flamenco e o popular.

Composicións orixinais de Marazuela, arranxos propios de melodías tradicionales e obras de compositores de principios do século XX.

Unha homenaxe á guitarra e ás personalidades que viviron entre dúas augas: bebendo do saber popular e amais profundizando nas técnicas e coñecementos musicais.

  • Instagram
Foto de Miguel Fraile
a8503e11-a302-de88-3cf9-95679d7a018c.jpg

Fanfarria Taquikardia

Brass band

Banda de música festiva e enérxica que mestura ritmos balcánicos, clásicos, de cine e tradicionais galegos e latinos, cunha formación de vento-metal e percusión. Integrantes de grupos como Cuchufellos ou Bechuchos ofrecen un espectáculo frenético e contaxioso, inspirado en fanfarrías do Leste, brass bands de Nova Orleans e charangas caribeñas. A festa está garantizada.

  • Youtube
Sindicato do Folclore

Sindicato do Folclore

Música jazz e folk

A música que fan dende Sindicato do folclore pretende levar a música tradicional por sonoridades moi cercanas ao jazz sempre pensando no baile como punto de partida, de xeito que os ritmos tradicionais son o seu motor principal tanto cando fan música instrumental como cando tocan cancións de recollidas.

  • Instagram
bottom of page